Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

29 de abril-1 de maio: Montes Aquilianos

29/04/2023, 06:30 - 01/05/2023, 20:00

69€ – 81€
DATA: do 29 de abril ao 1 de maio
HORA DE SAÍDA: 06h30 dende o Club con parada en Concheiro
HORA DE VOLTA: o día 1 sobre as 20h

Aproveitando o festivo faremos unha saída con grupo para Travesía de montaña e outro grupo de Sendeiros.

Actividades:

Travesía 1 noite: tecnicamente non ten dificultade, salvo o peso e a distancia, polo que calíficase de dificultade media. Valorade a opción de compartir tendas, xa que hai que levar auga suficiente, pois na zona de durmir non hai fonte. Pódense deixar os bultos non necesarios para travesía no autobús.
  • Día 29: Saída dende as Médulas, subiremos polo mirador de Orellán, e iremos ganando en altura paulatinamente, pasando polas Majadas, as Brañuelas, Peñas de Ferradillo e durmiremos no Campo das Danzas (1550m). 19km e 770m de desnivel.
  • Día 30: unha vez en altura, por encima dos 2.000m faremos o Cordal dos Aquilianos, a Guiana, Pico Tesón e Pico Tuerto, para baixar polo Val do Silencio,  Cova de S.Genaro e Peñalba de Santiago, onde nos encontraremos co grupo de sendeiros. Só nos quedara subir a Montes de Valdueza polo Canal Romano onde pernoctaremos no albergue. 24km

Sendeiros

  • Día 29: coa mochila de ataque preparada para pasar o día, teremos unha primeira parada nas Médulas, cunha pequena ruta e visita ao centro de interpretación. Despois de comer, o autobús deixaranos en San Clemente de Valdueza, último punto a onde pode chegar o autobús. Dende aquí unha compañía de transporte levará as nosas mochilas/maletas ao aloxamento e nós realizaremos o traxecto a pé. 8km, desnivel de 400m.
  • Día 30: Ruta circular pola Tebaida Berciana (17km e 900m de desnivel). Saíremos do Mosterio de S. Pedro cara a Ferrería de Montes, polo Val de Oza ata Peñalba de Santiago, onde nos xuntaremos co grupo de travesía, e volveremos a Montes de Valdueza polo Castro Rupiano e o Canal Romano.
  • Día 1: Todos xuntos (sendeiros + travesía) subiremos ao Pico de Águilas por Bellidos e baixaremos por Arista Colibrí ata os Columpios de Valdecarrizo, baixaremos a San Clemente de Valdueza onde nos recollerá o autobús de volta a Vigo. 13km e 734m de desnivel.
PREZO:
Autobús: Vigo- San Clemente de Valdueza-Vigo e transporte en furgoneta das mochilas dende San Clemente ao albergue (ida e volta): 65€ persoa
Aloxamento: Será no Albergue de Montes de Valdueza co seu Mosteiro de S.Pedro de Montes, declarado «Ben de interese cultural».
O albergue ten cociña e está reservado exclusivo para Club Montañeiros Celtas.
16 prazas en liteiras (asignaranse por orde de inscrición e só para os de sendeiros). 8€/ persoa e noite.
Saco e esterilla no salón: O resto de participantes e os de travesía na segunda noite aloxaranse no salón comunitario do albergue. 4€/persoa e noite
** O albergue pagarase directamente alí. Levade os cartos en efectivo.
**Levar saco, toalla e esterilla.
***No pobo hay unha pequena cantina (prezo turístico!). Non hai tenda.
Inscrición: Montes Aquilianos

Detalles

Comienza:
29/04/2023, 06:30
Finaliza:
01/05/2023, 20:00
Precio:
69€ – 81€
Categoría del Evento: