Obxectivos
A Sección Infantil acompaña aos rapaces e rapazas a camiñar por un bosque, por un val… pero sen pasar de largo, observando e aprendendo do noso entorno, acercando e dando a coñecer a natureza, transmitindo o noso sentimento por ela e a nosa filosofía do montañismo non unicamente coma deporte, senón coma un modo de vida.
A sección está coordinada pola vogalía, formada por monitoras e monitores con experiencia, formación e entusiasmo, que de forma voluntaria programan, organizan e deseñan unha gran variedade de actividades.
As actividades van dirixidas a rapaces e rapazas de idades comprendidas entre os 8 a 16 anos. Todas as actividades atenden a diversidade favorecendo a integración de todos os rapaces e rapazas a través dos xogos cooperativos.
A duración das actividades poderán ser dun día ou de fin de semana. Cada actividade é un contacto formativo e unha vivencia coa natureza a través da que aprenden:
- Coñecementos básicos: vestiario, equipamento e alimentación.
- Formación montañeira: sinalización de rutas, mapas, orientación, iniciación no manexo do material e técnicas de montaña…
- Educación ambiental: observación e interpretación do medio natural: fauna, flora, climatoloxía…
- Entorno cultural: lendas, etnografía, arqueoloxía…
- Actividades físico-deportivas: montaña, escalada…
- Actividades complementarias: fotografía, caderno de campo, xogos, concursos…
A Operación Benxamín
Compre destacar como actividade a “Operación Benxamín” que naceu no ano 1968 da man de varios socios do Club, entre os que se atopaban Chito Veiga, Antonio Álvarez e Roxelio Pereira. A idea orixinal foi a de facer un curso de montaña orientado aos máis pequenos onde aprenderan, gozando en plena natureza, todos los aspectos básicos deste deporte, formando así aos futuros montañeiros.
Foi unha idea pioneira pola que o Club recibiu durante varios anos premios da federación española de montañismo pola difusión deste deporte entre os máis novos.
Esta actividade tivo moito éxito. E nela se impartían e se imparten, charlas de alimentación, orientación, montaxe de tendas de campaña, material… E ademais botánica, astronomía, escalada e todo o relacionado coa montaña e o aire libre.
A Operación Benxamín celébrase en primavera durante tres fins de semana.
A mochila
Como todos sabedes existen nas tendas unha gran variedade de mochilas: formas, cores, tamaños… O mellor e non complicarse e ter moi claro o que nós precisamos dunha mochila, e é:
- Que sexa adecuada a o noso equipo e actividade (o que imos levar no seu interior, se a actividade é de un día ou varios)
- Que sexa adecuada ao noso corpo (tamaño correcto)
- Que sexa cómoda.
Xa sodes maiores e estades ben preparados para preparar a vosa mochila, seguindo
a plantilla. Só en caso de dúbida pedir axuda aos adultos. Estamos seguras de que o
faredes moi ben!!
Lembrade!
Preparade a vosa mochila con tempo e pensando ben o que precisades!