- Este evento ha pasado.
29-30 de abril: Sente a Montaña- Explora!
29/04/2023, 09:30 - 30/04/2023, 20:00
35€A sección Infantil-Xuvenil en colaboración coa Sección de Espeleoloxía organiza a actividade Sente a Montaña: Explora!
Saíremos o sábado pola mañá, se o tempo nolo permite comeremos en Mondoñedo e asistiremos no local da Federación Galega de Espeleoloxía a unha charla sobre morcegos impartida polos nosos compañeiros da Asociación Drosera.
O domingo pola mañá realizaremos as mesmas actividades intercambiando os grupos.
** Hai que levar: comida do sábado e domingo, merenda e de picar. A cea e o almorzo o pón o Club (indicade se alguén ten intolerancias ou alerxias)
** Durmiremos no refuxio polo que hai que levar: saco de durmir, esterilla, mudas, roupa para ir á cova (funda ou roupa vella, botas vellas ou de auga, frontal…).
Deben levar todo nunha mochila ou bolsa de viaxe e que poidan cargar con ela (non vale maleta de rodas) xa que terán que camiñar dende o autobús ao refuxio.
***As crianzas teñen que ser totalmente autónomas para realizar a actividade e ser conscientes de que se van ensuciar, meter nunha cova, durmir nun refuxio e respectar as normas de convivencia e das covas.
Inscrición: Sente a montaña: Explora!