Escalar é un xogo contra a forza da gravidade, á que hai que “enganar” mediante posturas, secuencias de movementos e/ou o emprego de forza.
A importancia dunha formación teórica e práctica é esencial na escalada nunha combinación de diferentes calidades: forza, resistencia e elasticidade.
Unha actividade moi especial é a escalada en rocha, que consiste na superación de paredes rochosas requirindo o emprego de material para o aseguramento: corda, arnés, descensor, e de ancoradoiros: cravos, fisueiros…
A escalada deportiva, onde os ancoradoiros xa están colocados, consiste en cortas escaladas (entre 10 e 30m) polo simple pracer de superar a máxima dificultade posible.
Valórase máis a dificultade ou o estilo que facer cumios. Practícase en vías con ancoraxes xa instalados e/ou rocódromos.