Sendeiro do Galiñeiro
O PR-G1 Sendeiro do Galiñeiro, promovido polo Club Montañeiros Celtas no 1991, foi o primeiro sendeiro de pequeno recorrido (PR) trazado en Galicia, co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra. En 2021, trinta anos despois, é revisado para axeitarse á nova realidade da paisaxe e incorpora a variante PR-G1.1.
Trátase dun sendeiro circular que nesta nova versión iníciase no Merendeiro do Galiñeiro, na Comunidade de Montes de Vincios, para circular de seguido pola cara norte do Galiñeiro (cota máxima acadada 694m) contemplando as famosas Gallas do Galiñeiro. Pódese observar no seu transcurso o Refuxio Miguel Regueira e a Escola de escalada que xestiona Montañeiros Celtas. Tamén percíbese a multiplicidade de pistas polas que se pode practicar sendeirismo a carón da montaña referente de comarca e con magníficas vistas cara os vales do Louro, Miñor e Ría de Vigo. Dende o pico contémplase a antiga Fortaleza do Galiñeiro (s.V a VIII). De seguido descéndese cara os montes de Zamáns, coincidindo en parte co sendeiro local do mesmo nome. Ao chegar ao Encoro tórcese á esquerda para conectar coa Senda Panorámica de Vigo (GR-53), pasando polo Muíño de Maquías. Posteriormente, no Polígono Industrial de Pasaxe, súbese de novo ao Merendeiro pasando polos Petróglifos de Santa Lucía.
Na variante PR-G1.1 desvíase o sendeiro cara dous puntos de interese destacado: a Fervenza da Freixa e o conxunto etnográfico dos muíños de Zamáns.
Tracks do PR-G1
Tedes a vosa disposición os tracks en formato kml e gpx nas seguintes ligazóns: