O sendeirismo é unha actividade deportiva e recreativa que consiste en percorrer a pé camiños sinalizados ou non, preferentemente tradicionais.
Os excursionistas do Club percorren camiños ou sendeiros sinalados que serven de aproximación a enclaves con valores naturais, paisaxísticos ou culturais. Os que dispoñen de mais tempo e certa experiencia, aventúranse en percorridos que transcorren por terreos de maior dificultade, como cordais, pedregais, neveiros, por terreos máis variados e con escasa ou nula sinalización, en actividades xeralmente de mais dunha xornada.
Chámanse carreiros sinalizados a os carreiros marcados con signos convencionais, sinais, pintura, fitos, marcas, etc., e indicacións destinadas a facilitar a súa utilización en percorridos a pé.
Os carreiros homologados son carreiros sinalizados que foron homologados polas federacións autonómicas de montañismo por cumprir unhas esixencias precisas de trazado e sinalización.
Segundo a súa duración falamos de sendeiros de Gran Recorrido (GR) ou de Pequeno Recorrido (PR).