Espeleoloxía
A espeleoloxía defínese como o estudio e exploración das cavidades subterráneas.
Realmente é camiñar, reptar, trepar, baixar por cordas, subir por escalas… por un lugar escuro que nós temos que iluminar. Entón, por que ir ás covas? Descubrirás e coñeceras o que se agacha dentro da terra: salas, galerías, ríos, lagos, estalactitas e estalagmitas que é o arte representada nunhas cavidades que tantos miles de anos levoulle formar á natureza.
Traballarás en equipo e interesaraste polos seus aspectos científicos: topografía, xeoloxía, bioloxía, fotografía, etc.
Galicia dispón duhna cantidade importante de cavidades deportivas, estéticas, recomendables e non estamos demasiado lonxe doutras covas como as de Asturias, León, Cantabria, Picos de Europa que van medrando en tamaño, beleza e importancia.
Descenso de canóns
O descenso pola canle do río, con neopreno e equipo necesario, constitúe un refrescante e divertido deporte que se chama «descenso de canóns» ou «descenso de barrancos».
Transitamos por espectaculares e solitarios lugares, baixando en rappel por fervenzas, deslizándonos por tobogáns, practicando saltos a pé en fondas pozas, nadar e seguir ata o remate.
A temperatura da auga e a cantidade da mesma varía moito segundo a época do ano pero sempre hai un barranco que se atopa en condicións ideais para gozar.
Temos a sorte de vivir en zona de barrancos. Galicia dispón dunha cantidade moi importante de barrancos en todas as súas provincias e en Portugal tamén hai grandes sorpresas por descubrir.
Nivedes de dificultade da actividade
- Bautismo/Descubrimento: actividades orientadas a xente que ten pouco ou nada de contacto coa actividade ou pouca ou nada de experiencia en actividades similares.
Cavidades Clase 1 ou 2. Barrancos de A1V1 a A2V2.
- Iniciación: actividades orientadas a xente que tivo algo de contacto coa actividade, recibiu algún formación, pero fáltalle experiencia ou ten experiencia en actividades similares.
Cavidades Clase 2 ou 3. Barrancos de A1V1 a A3V3.
- Autónomo: actividades orientadas a xente autónoma na actividade, pero que pode necesitar axuda nalgúns conceptos como instalación, orientación.
Cavidades Clase 3 ou maior. Barrancos de A2V2 ou maior.
- Avanzado/Experto: actividades orientadas a xente autónoma e experta na actividade, que poidan ter unha maior dificultade.
Cavidades Clase 3 ou maior. Barrancos de A2V2 ou maior.