O caderno de campo
Nas saídas contemplamos a natureza, percorremos lugares novos, gozamos de compañía…para lembrar a experiencia podemos recoller esta información e así poder consultala e aprender a recoñecer a flora e fauna do entorno.
Co caderno de campo pretendemos plasmar as curiosidades que podemos atopar tanto nas saídas co club de montaña como as que podemos facer coa nosa familia ou amigos: prantas, árbores, cogumelos, animais, pero tamén se pode completar engadindo información das rutas como os km percorridos, toponímia (nome dos lugares), cumios alcanzados…
O modelo que propoñemos, e que xa prepararon algúns socios e socias nunha actividade, consiste na unión de follas con aneis, polo que é doado engadir tantas follas como precisemos. Durante a actividade pódese recoller algunha información e na casa facer a labor de investigación, ilustración, e así completar con máis detalle.
Haberá rapazas e rapaces moi interesados nesta actividade e outros non tanto. Cada un lle sacará o seu proveito.
Exemplos de cadernos de campo:
A continuación podedes atopar unhas plantillas para imprimir:
Recoméndase plastificar a portada e contraportada.