O mergullo atrae, tenta e esperta interese. É unha aventura constante e variada, cada inmersión é distinta, o sosego e o silencio embargan os sentidos. É outro mundo que te atrapará co seu encanto e o seu misterio.
Hai que lembrar que en Galicia pódese practicar o mergullo todo o ano, cunha gran variedade de fondos e vida que nos fai seguir enganchados a esta actividade.