- Este evento ha pasado.
23 de abril: Pequemarcha Río da Fraga- Moaña
23/04/2023, 11:00 - 18:00
Gratuito – 3€DATA: 23 de abril
HORA DE SAÍDA: 11h en O Beque https://maps.app.goo.gl/KxDpDqYRkMajyNgn6
HORA DE VOLTA: 18h ao mesmo lugar
Esta vez andaremos polas terras do Morrazo. Bosque de ribeira, fervenzas e pozas serán os nosos acompañantes pola parte alta do río da Fraga, en Moaña.
Roteiro circular por sendas máxicas cruzando pontes, coas árbores cubertas de musgo e cargadas de humidade.
Quedaremos ás 11 horas en O Beque, unhas instalacións deportivo-recereativas con amplo aparcamento. Remataremos no mesmo lugar entre 17 e 18h.
PREZOS:
Socios: adultos 2 €, menores: ata 3 anos de balde, menores +3 anos 1€;
Non socios: adultos 3 €, menores 2 €.
Máximo de prazas: 60
**Lembramos que as pequemarchas son actividades para as familias, as crianzas deben ir acompañadas dun adulto.
Inscrición: Pequemarcha Río Fraga