Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

25 de xuño: Bautismo de barranquismo

25/06/2023, 09:00 - 14:30

40€
DATA: 25 de xuño
HORA: a determinar
LUGAR: Río Cerves
NIVEL: Bautismo/ Descubrimento
PREZO (Entre 5-15 participantes): 40€ por persoa
Grupo mínimo para realizar a actividade: 5 persoas
Actividade de media xornada dedicada á toma de contacto coa disciplina da Barranquismo. Consiste nun descenso polo río Cerves superior no tramo de Tourón.
Actividade guiada por Guias Malouco. A xornada de Bautismo de Barranquismo exponse como unha actividade de carácter lúdico na que os participantes descenderán o río de forma guiada mentres aprenden os aspectos básicos de protección ambiental, xeoloxía e seguridade vinculados ao descenso de barrancos.
REQUISITOS: Ser maior de idade, ou ser maior de 14 anos e contar coa autorización dos pais ou titores legais.
Os PARTICIPANTES DEBEN TRAER: Calzado deportivo tal como zapatillas de trekking, botas de montaña (cana baixa) ou zapatilla de correr. Non valen sandalias nin calzado aberto que permita a entrada de pedras ou pólas. Bañador e toalla.
A PROPOSTA INCLÚE: Instrutores titulados como Técnicos Deportivos de Barranquismo. Todo o material técnico e térmico necesario (traxes, arneses, cascos, etc.)  Material colectivo para as formacións de nivel superior.  Seguros de Accidentes de participantes e Responsabilidade Civil.  Diploma e fotografías do curso.

Detalles

Fecha:
25/06/2023
Hora:
09:00 - 14:30
Precio:
40€
Categoría del Evento: