Cargando Eventos

« Todos los Eventos

25 de xuño: Manzaneda- Estantes, curros e lobos

25 junio, 07:45 - 21:45

16€ – 23€

DATA: 25 de xuño
HORA DE SAÍDA: 7h45 dende o Club con parada en Concheiro
HORA DE CHEGADA: 21h45
LUGAR: Manzaneda
RUTA CIRCULAR: 24 Km pola cara sureste do Mazizo Central Ourensán, “a serra amable“ de Manzaneda. Á diferenza da Serra de San Mamade ou do Invarnadoiro, atopámonos co mazizo granítico , redondeado nos cumios, pero tamén con paredes desafiantes.

Saída e chegada na Estación de montaña de Manzaneda a 1.507 m, edificio da antiga estación do telecadeira ( Concello de Poboa de Trives ).

Primeiros pasos en dirección sureste para ir quentando, entre pino roxo, arandeiras , ericas… así chegaremos ao campamento romano de Penedo dos Lobos a 2,5 km da estación e 1.465 m (sin escavar ), parada 10mit. Seguiremos cara o sur, ascendendo por pista en busca do corredor perimetral da estación ata a cota 1.710 m, próxima a terminal da pista de esquí Corzos 1 e 2. Durante o ascenso ollaremos ao este os cumios das Trevincas, as minas de Penouta, o canón do río Bibei e a saída ao Bierzo polo Val de Orres (hoxe Valdeorras: Rúa de Petín e O Barco). Levamos 8 KM.

Baixamos suavemente co obxetivo posto no Curro da Mosenda, curro de montaña para gardar o gando caprino do lobo. Estamos sobre o Km 11 e a 1.550m. Tomarémonos un respiro de 15 mint. Foto, auga e tentempé.

Continuamos descenso cara o Val das Becerreiras, este tramo nos permite disfrutar do Val glaciar do Zenza, un val hoxe tapado polo encoro do Zenza. Ao final do Km 14 deixaremos Becerreiras á esquerda para asomarnos dende os 1.300m sobre o novo obxetivo a 1.100m, o Val glaciar de Prada , co seu ragato de Requeixo e o pobo abandoado de Prada (Concello de Manzaneda), a pequena Hermida, a carballeira de Quercur pyrenaica… o tránsito necesita concentración, sendeiro de montaña curto pero co pasos de pendente – 25%.

Parada no pobo para viandas, charla e lecer, necesidades varias, 30 mint. Estamos no Km 16 a 1.050m.

Deixamos Prada polo norte para cortar o oeste e coller un sendeiro en forte ascensión polo Val glaciar das Aguilladas e ata a Lagoa Grande, lagoa de orixe glaciar xa colmatada a 1.350 m , un respiro e reagrupar, km 19. Continuamos ganando altura , com un paso delicado o pe do Regueiro dos Campos das Lamas e xa estamos a mirar as paredes do circo glaciar das Aguilladas, zona de escalada, de curros … e progresando sobre un espolón granítico con boas vistas nos diriximos a coller a pista cómoda, que sobre cota de 1.500m nos pon no final do K24.

E coma xempre tomarémoslle algo o rematar na Tasquiña da Estación ou en Trives , según horario.

CONSELLOS: Dada a longa exposición ao sol en altura e recomendable factor de protección N 30 ou superior, gafas de sol mínimo factor 3, gorra, 2 L de auga (non hai auga potable no percorrido) pódese coller na Estación, comida, pantalón largo ou desmontable a corto, calzado con dibuxo na sola, sexa bota ou deportivo de montaña, bastóns, teléfono cargado e desconexión de wifi , …

PREZO AUTOBÚS:

SOCIOS: 16€
NON SOCIOS: 23€

Inscrición: Manzaneda- Estantes, curros e lobos

MAPA

 

Detalles

Fecha:
25 junio
Hora:
07:45 - 21:45
Precio:
16€ – 23€
Categoría del Evento: