Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

20 de marzo: Bici de Montaña en Armenteira

20/03/2022, 10:00 - 14:00

Gratuito – 5€

DATA: 20 de marzo
HORA: 10:00h
LUGAR: Pontearnelas (gasolinera Repsol)
NIVEL DE DIFICULTADE: medio

Roteiro de bici de montaña que discorre por terras de Ribadumia e Meis e que ten como punto de interese cultural o mosteiro de Armenteira (mosteiro románico de transición, ou protogótico, que pertenceu desde a segunda metade do século XII á Orde do Císter).
O percorrido comeza e remata en Portearnelas, tendo como punto de encontro a gasolinera de Repsol. A partir de aquí realizaremos un tramo do río Umia ata chegar a Barrantes, onde nos desviaremos para tomar a ruta da pedra e da auga que nos leva ata o mosteiro de Armenteira. Este primeiro tramo a penas ten dificultade técnica.
A partir de Armenteira, hai dúas opcións de ruta:
-Realizar o retorno a Pontearnelas polo mesmo percorrido, isto é, ruta da pedra e da auga e beiras do Umia.
-Realizar a subida ao monte Castrove. Este tramo ten un importante desnivel e xa require estar en mellor condición física e ter un bo manexo da bici.
Ao final os dous grupos rematamos en Pontearnelas para recoller os nosos coches.
Desta vez non hai reservado ningún sitio para comer, pero pola zona hai numerosos sitios de comida.

Inscrición: Bici de montaña en Armenteira

Detalles

Fecha:
20/03/2022
Hora:
10:00 - 14:00
Precio:
Gratuito – 5€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Bici de Montaña

Local

Estación de Servicio Repsol, CR PO-300 ,P.K, 6,9, 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra
Estación de Servicio Repsol, CR PO-300 ,P.K, 6,9, 36620 Vilanova de Arousa, Pontevedra + Google Map