Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

19-20 de marzo: Escalada/ Barrancos no Barbanza

19/03/2022, 10:00 - 20/03/2022, 18:00

DATAS: 19 e 20 de marzo
HORA: 10h
LUGAR: Baroña (Escalada) e Río Pedras (Barrancos)
As seccións de Escalada e Espeleoloxía organizan unha actividade conxunta no Barbanza.


SÁBADO 19: BARRANCOS NO RÍO PEDRAS
Comezamos con pequenos destrepes e tobogáns ata chegar a un rápel sobre plano inclinado de 40 metros. Desde aí case enlazamos co seguinte rápel de 35 metros e algo máis vertical e seguindo unha sucesión de dous longos rápeles de 60 metros cada un que se fan a modo de tobogán para terminar no espectacular tobogán de 20 metros de lonxitude, con boa recepción na poza final.
Dificultade: V3A2I
Nivel: Iniciación ou superior. – Iniciación, actividades orientadas a xente que tivo algo de contacto coa actividade, recibiu algún formación, pero fáltalle experiencia ou ten experiencia en actividades similares
Necesario equipo completos de barrancos.
Máximo participantes: 8
Punto de encontro ás 10h  Parking Río Pedras

DOMINGO 20: ESCALADA EN BAROÑA:
Nivel: Fácil-medio.
Graos V e 6 paredes de granito con bos agarres Vías entre 10 e 20 metros.
Necesario coñecementos básicos e material (dispoñible no club)
Máximo participantes: 12
Punto de encontro ás 10: Parking Castro Baroña


**Os desprazamentos e aloxamento son por conta propia.
**Necesario ter licenza (FGM. FGE, ou licenza de 2 días)




Detalles

Comienza:
19/03/2022, 10:00
Finaliza:
20/03/2022, 18:00
Categorías del Evento:
,
Etiquetas del Evento:
, , ,

Organizadores

Sección Espeleoloxía
Sección Escalada

Local

parking cerca de Río Pedras
parking cerca de Río Pedras + Google Map