
1-10 de agosto: Pireneo francés catalán – Canigó
1 agosto, 09:30 - 10 agosto, 22:30
DATA DE SAÍDA: 1 de agosto
DATA DE VOLTA: 10 de agosto
A estación termal de Vernet-les-Bains, ao pé do macizo do Canigó, no corazón do Parque Natural Rexional dos Pireneos Cataláns, posúe a etiqueta de estación verde de vacacións. A suavidade do clima, a beleza da paisaxe e a arquitectura harmoniosa, garanten unha estancia inolvidable.
O Canigó é a montaña montaña representativa dos Pireneos Orientais, repleta de lendas e misterios. Desde os 2784 metros da cima, domina maxestuosamente a chaira de Rosellón e o mar Mediterráneo.
PREZO: 740€
Inclúe billete de avión con maleta facturada e de cabina. Traslado dende e ata ao aeroporto. Traslado ida e volta a Carcassonne e aloxamento de 9 noites.
VIAXE
1 de agosto: Avión Vigo- Barcelona. Un autobús nos recollerá no aeroporto para levarnos a Vernet- les- Bains (Francia) 1
10 de agosto: Autobús dende Vernet – les – Bains (Francia) ata Barcelona. Avión Barcelona – Vigo
Os horarios dos voos son os seguintes:

ALOXAMENTO
Hôtel Les Sources en Vernet – les -Bains.
Poderanse escoller cuarto doble, triple ou estudios para 2 persoas. Tedes que seleccionalo nas opcións extra
Nos estudios hai a posibilidade de alugar a roupa de cama (47€ por estudio) e toallas (16€ por persoa), senón hai que levalas. Nos estudios ademais hai cociña, microondas, neveira, utensilios para cociñar e cafeteira. Hai mantas.
O prezo só inclúe aloxamento. Almorzo e cea non incluído.
SEGURO DE ANULACIÓN OPCIONAL (18€)
Existe a posibilidade de contratar un seguro de viaxes coa axencia. Adxuntamos as condicións para que as leades atentamente. É necesario seleccionar o seguro e pagalo no momento da inscrición. Non se aceptará a solicitude do seguro a posterior da inscrición. Resumo coberturas
ACTIVIDADES
Podedes consultalas no Actividades Canigó
PAGOS
1er pago 240€: ao momento da inscrición
2do pago 250€: a semana do 4 de maio
3er pago 250€: a semana do 1 de xuño
**Non se devolverán os cartos alomenos que se poida sustituír a inscrición por outra persoa.
**É OBRIGATORIO ter licenza que cubra a actividade. As licenzas FGM C e FEDME B son válidas para o Pireneo francés.

Inscrición: Canigó