
- Este evento ha pasado.
23-24 de setembro: Sente a Montaña: Ilumina!
23 septiembre, 18:30 - 24 septiembre, 19:00
Gratuito – 10€DATA: 23 e 24 de setembro
LUGAR DE ENCONTRO: día 23 ás 18h30 no Monte Galiñeiro (merendeiro).
CHEGADA: día 24 ás 19h00 no Castro, onde a cafetería
Trala volta das vacacións realizaremos a tan agardada Sente a Montaña: Ilumina! Saíremos dende o Merendeiro para chegar ao Refuxio do Monte Aloia, camiñaremos de noite, observaremos a vida nocturna e viviremos unha aventura!
O sábado no parque forestal do Galiñeiro comezaremos esta actividade, alí deixaremos as mochilas da fin de semana que voluntarios do club levarán ao Refuxio do Aloia.
As rapazas e rapaces levarán lista a mochila de ataque para comezar a ruta de sendeirismo do Galiñeiro ao Aloia.
O domingo 24 despois de durmir no Refuxio do Aloia, almorzaremos, realizaremos xogos e teremos algunha sorpresa.
A hora de regreso será ás 19h00 no Club
PREZOS:
SOCIXS CON LICENZA: 0€
SOCIXS SEN LICENZA: 10€
**Teñen que levar a cea do sábado, comida do domingo e merendas de picar.
**Hai que levar 2 mochilas:
- Mochila de ataque: botella de auga, cea (bocadillo, empanadilla, froitos secos…), FRONTAL, forro polar e se teñen bastón para camiñar.
- Mochila para o refuxio: saco de durmir, esterilla, muda, comida do domingo, gorra, cantarillo para o almorzo e culler.

Inscrición: Sente a montaña: Ilumina!