Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

22 de outubro: Bici de montaña en Ponte Caldelas

22/10/2023, 10:00 - 14:00

DATA: 22 OUTUBRO 2023
HORA: 10:00
LUGAR: Ponte Caldelas (aparcamento pavillón municipal)
Dificultade: media-alta

Realizaremos un percorrido circular polo concello de Ponte Caldelas con saída e chegada no núcleo de Ponte Caldelas.
O percorrido comeza baixando cara o lugar de verdugo, desde onde nos dirixiremos á ermida de San Vicenzo, para desde alí comezar subida ata os petroglifos de Tourón.
Seguiremos subindo ata á Serra da Castrelada e unha vez que cheguemos á parte máis alta (600 m) comezaremos o descenso ata o río Verdugo, para rematar de novo en Ponte Caldelas.
Trátase dun percorrido que está en torno aos 30 km e cunha ganancia de altura acumulada de 1000 metros.

OBRIGATORIO TER LICENZA /SEGURO DE BICI DE MONTAÑA

Inscrición: Bici de montaña en Ponte Caldelas

Detalles

Fecha:
22/10/2023
Hora:
10:00 - 14:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Bici de Montaña