Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

21 de xaneiro: Sendeiro Muíños Río Gorgua

21 enero, 08:30 - 20:00

15€ – 26€
DATA: 21 de xaneiro
HORA DE SAÍDA: 08h30 dende Concheiro
HORA DE VOLTA: 20h a Concheiro
Comezamos o ano en Padrenda (Ourense) co sendeiro dos muíños dos ríos Gorgua, Esmoriz e Crespos.
Partiremos de San Amaro e ascenderemos polos montes de San Miguel onde poderemos visitar a capela de San Miguel co gran mirador (550m). A partir de aquí camiñaremos por varios pobos: Monte Redondo, Alén, Chan do Gredo, Chan do Forno, a Quinta… onde visitaremos o mirador con banco máis bonito de Padrenda e cunhas bonitas vistas panorámicas.
Camiñaremos por sendeiros e corredoiras, cruzaremos o río da Codeseira e entraremos por Camino Real e corredoiras ata Gorgua. Dende aquí atoparemos muíños, fervenzas, pontes con muros verdes… Seguiremos descendendo ata o pobo de Freáns ata atopar o río Crespos, descenderemos durante 2km ao longo do río ata chegar a San Roque de Crespos onde finalizaremos o sendeiro.
Ruta lineal de 17 a 18 kms. Dificultade: moderada.
Altitude 240/830, desnivel positivo 640, negativo 695.
PREZOS:
Soci@s con licenza: 15€
Soci@s sen licenza: 20€
Non soci@s con licenza: 21€
Non soci@s sen licenza 26€

Detalles

Fecha:
21 enero
Hora:
08:30 - 20:00
Precio:
15€ – 26€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Sendeiros
Teléfono:
986 438505
Correo electrónico:
info@celtas.gal