Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

20-21 de maio: As Portas do Gerês e algunha que outra cancela. Etapas 8 e 9

20/05/2023, 07:30 - 21/05/2023, 20:00

57€ – 80€

DATA: 20 e 21 de maio
HORA DE SAÍDA: día 20 ás 7.30 h dende o Club con parada en Concheiro
HORA DE VOLTA: día 21 ás 20 h.

Despois da última etapa tan granítica imos o noso Xurés onde faremos uns sendeiros máis verdes. Bosques, ríos, pozas, muíños e as aldeas tan pintorescas do Xurés.

Sábado 20: Saímos de Prado e logo de percorrer o regato do Salgueiro chegaremos á aldea abandonada que lle da nome, Albite, pasaremos por A Cela coas súas características construccións aproveitando os penedos pra rematar en Pozo da Seima e Puxedo e visitar o museo do pan, as Eiras reconstruídas e os murais etnográficos. Durante o percorrido poderemos desfrutar das vistas ás Gralleiras e Fontefria, que deixaremos para o mes de setembro.
Domingo 21: Iniciamos a xornada en Lobios, onde estaremos aloxados, para dirixirnos cara a Vilamea, Padrendo, Casa da Escusalla, visitando o conxunto de muíños do río Mau; remataremos en Aceredo. Se a climatoloxía nolo permite ao chegar a Chan de Ventoselo, a metade de percorrido, os mais montañeiros poderán facer cumio no Santa Eufemia.

Son sendeiros de montaña. Levar calzado e roupa adecuada. Comida e bebida para toda a xornada. KIT de baño, imos ter pozas de abondo para refrescarnos se o sol nos acompaña.

PREZOS:
Autobús: 35€
Aloxamento no Hotel Lusitano:
Cuarto doble: 30€ persoa con almorzo incluido **18 plazas
Cuarto triple: 22€ persoa con almorzo incluido **15 plazas
Aloxamento na Pensión As Termas
Cuarto doble: 30€ persoa con almorzo incluido **6 plazas para os últimos inscritos

Cea: 15€ persoa para todos no Hotel Lusitano

Inscrición: As Portas do Gerês e algunha que outra cancela

Detalles

Comienza:
20/05/2023, 07:30
Finaliza:
21/05/2023, 20:00
Precio:
57€ – 80€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Sendeiros
Teléfono:
986 438505
Correo electrónico:
info@celtas.gal

Local

Lobios
lobios ourense + Google Map