
1-10 de agosto: Val de Ayas- Aosta
1 agosto, 08:40 - 10 agosto, 21:30
DATAS: do 1 ao 10 de agosto
Este verán iremos ao Val de Ayas – Aosta, dominado polo macizo do Monte Rosa e polos seus altos cumios. A paisaxe é moi variada, con glaciares e paredes arduas e rochosas que flanquean prados e pastos.
Este val ofrece innumerables itinerarios de senderismo ata lagos coma o marabilloso Lago Blu de Verra e varios pasos alpinos
PREZO: 1115€

**Estanse a definir as actividades a realizar: haberá alta montaña e sendeiro (sen esquecer que serán de montaña).
** Para reservar a praza é necesario aboar a cantidade de 170€ xa que tivemos que adiantar unha parte dos billetes e do hotel.
**Ata xuño se alguén ten un impedimento pode cancelar a súa praza e recuperar o importe.
**É necesario ter a licenza C da FGM ou equivalente en vigor.
Inscrición: Val d’Ayas- Aosta