Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

28 de febreiro: 5ª Mostra de Cine de Montaña- MendiTour Vigo

28 febrero, 20:00 - 22:00

DATAS: 27, 28 e 29 de febreiro
HORAS: de 20h a 22h
LUGAR: Auditorio Concello de Vigo. Praza do Rei
PREZO: Entrada libre ata completar aforo
A 5ª Mostra do Cine de Montaña- Mendifilm, terá lugar en Vigo os vindeiros 27, 28 e 29 de febreiro.
Velaquí a programación para cada día

 

MÉRCORES 28 DE FEBREIRO

CHIMBORAZO (VO:ES)
Mención Especial do Xurado. Mendi Film 2023
2023, España, 7min
Director: Keila Cepeda

Resumo: Os hieleros do Chimborazo sometéronse durante centenares de anos á inclemencia deste volcán de Andes Ecuatorianos a cambio de picar un pouco do seu xeo e así prover ao seu pobo. Hoxe en día é unha profesión ao bordo da extinción, de non ser por Baltazar Ushca. El, a pesar da súa idade, todos os días camiña durante horas ata chegar ao glaciar do volcán Chimborazo para extraer enormes bloques de xeo que logo vende na cidade máis próxima.

ON A MARCHÉ SOUS LA TERRE (VO:FR / Subt: ES)
Sección Oficial Mendi Film 2023.
2022, Francia, 53min
Director: Alex López

Resumo: Os espeleólogos Cédric Lachat e David Parrot tentar vincular a sima Fromagère coa lendaria sima Berger, no macizo de Vercors (Alpes franceses). A través de cativadoras imaxes subterráneas, a película convídanos a compartir a paixón de toda unha xeración de espeleólogos e cuestiona esta «procura do inútil», esta insaciable necesidade de descubrimento que empuxa a todos os exploradores, sempre máis aló, sempre máis alto, cada vez máis profundo…

HERMELINDA Y DIANDRA (VO:ES)
Sección Oficial Mendi Film 2023
2021, ESPAÑA 41min
Director: Aner Etxebarria y Pablo Vidal

Resumo: A principios do século XXI, o cabalo de montaña galego foi declarado en perigo de extinción. Hoxe a tradición da Rapa das Bestas axuda a que as eguas e cabalos salvaxes sigan pastando nos bosques de Galicia. En Perú, os quechuas celebran cada ano o Chaccu da Vicuña, unha festa similar, que se remonta á época do Imperio inca. Nos anos 50, a caza indiscriminada levou as vicuñas ao bordo da extinción. Grazas aos Chaccu, hoxe miles delas corren libres pola cordilleira andina.

**Despois da proxección contaremos coa presencia dun dos directores, Pablo Vidal.

Detalles

Fecha:
28 febrero
Hora:
20:00 - 22:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Cultura e Actividades Sociais

Local

Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Praza do Rei, Vigo