Asóciate ao Club Montañeiros Celtas e goza da montaña, da natureza e de todos os servizos ofrecidos do club.
Condicións de Inscrición
-
Inscríbete neste enlace cos DATOS DE SOCIO, incluíndo a conta bancaria. Unha vez cuberto poñerémonos en contacto con vós.
-
Abrir a Cota de Entrada.
- Aboar a parte proporcional da cota do semestre actual.
Cotas de Soci@
- Menores de idade non teñen cota de entrada.
- Ás persoas maiores de idade correspóndelles unha cota de entrada de 29€ (só unha cota de entrada por tipo de cota de abono, sexa abono individual ou conxunto).

* Para favorecer ás familias e socios ou socias que convivan, establécese un sistema de descontos que se aplicará a todas aquelas persoas asociadas que compartan unha mesma conta bancaria (cota de abono conxunto) e que cumpran cun ou cos dous requisitos seguintes:
- Socios e socias integrantes da mesma familia en liña ascendente e/ou descendente, ademais de irmáns/irmás, entendéndose como tales membros: pais/nais, fillos/fillas, netos/netas, avós/avoas e irmáns/irmás.
- Socios e socias convivintes no mesmo domicilio.
- A cota semestral cobrarase mediante recibo bancario, nos meses de xaneiro e xullo.
- As cotas mostradas na táboa son as correspondentes ás cotas de abono individual (só unha persoa). Consultar o desconto correspondente en función do número de persoas socias agrupadas na mesma conta bancaria (familiares ou convivintes).
- Para saber a idade de cada persoa socia considerase só o ano de nacemento, sen ter en conta o día nin o mes. Por exemplo unha persoa nacida en 1990, a efectos de cotas ten 20 anos dende o 1 de xaneiro de 2010.
- O tipo F tamén é aplicable a pensionistas. Os de tipo G teñen unha antigüidade de 25 anos no Club.
- Estas son as Cotas 2019, a partir do segundo semestre aprobadas en Asemblea Xeral do 24 de maio [calculadas en función da Cota Base 27,76 €/semestre].