Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

27 de febreiro: 5ª Mostra Cine de Montaña- MendiTour Vigo

27 febrero, 20:00 - 22:00

DATAS: 27 de febreiro
HORAS: de 20h a 22h
LUGAR: Auditorio Concello de Vigo. Praza do Rei
PREZO: Entrada libre ata completar aforo
A 5ª Mostra do Cine de Montaña- Mendifilm, terá lugar en Vigo os vindeiros 27, 28 e 29 de febreiro.
Velaquí a programación:
MARTES 27 DE FEBREIRO
ROPE (VO:JP/ Subt: ES)
Mellor Película de Alpinismo e Mellor Banda Sonora. MendiFilm 2023
2023, Xapón, 29min
Director: Moe Wada

Resumo: Kazuya Hiraide, o tres veces gañador do Piolet de Ouro ao conquistar as rutas inescaladas de Kamet, Shispare e Rakaposhi, descubriu unha ruta ideal na cara norte de Tirich Mir (7708 m, Hindu Kush, Paquistán) hai 20 anos. A finais do 2022, Hiraide convidou a Kenro Nakajima a escalala xuntos. Nakajima foi o seu compañeiro de escalada desde 2016. Os dous alpinistas abandonan o campamento base para escalar o Tirich Mir sen osíxeno artificial nin grandes apoios. Ninguén escalou esa ruta antes, e descoñecen a que tipo de perigo se enfrontan. Tras unha dura loita de 6 días e 6 noites, conseguen chegar á cima da montaña.

WILD WATERS (VO: EN/FR Subt:ES)
Mellor Película de Deportes e Aventura. MendiFilm 2023
2023, Francia, 85min
Director: David Arnaud

Resumo: A kayakista francesa Nouria Newman prepárase para converterse na primeira muller en saltar unha fervenza de 30 metros. Con todo, o descender os rápidos máis difíciles do mundo non é o maior desafío da vida de Nouria. Ao darse conta de que as expectativas postas nela como atleta e como muller pesan moito nas súas decisións e ambicións, esfórzase por facer o seu propio camiño. É este aspecto central da súa vida, esta negativa para axustarse ás expectativas dos demais, onde Nouria é capaz de utilizar o kaiak como unha forma de transformarse no seu verdadeiro eu e converterse nunha kayakista única nunha xeración.

 

Detalles

Fecha:
27 febrero
Hora:
20:00 - 22:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Cultura e Actividades Sociais

Local

Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Praza do Rei, Vigo