Escola de Escalada
A Escola de Escalada está dirixida a nenas e nenos a partir dos 6 anos que queiran iniciarse no mundo da escalada.

De Cero ao cumio do Urriellu 2.519
Este proxecto da Escola de Escalada do Club Montañeiros Celtas culmina coa ascensión ao Urriellu pola súa vía normal da cara sur coñecida como a Sur Directa dos Martínez V 150 m. Percorrido de escalada de montaña para montañeiros e alpinistas.
A preparación para realizar o percorrido con garantías supón un ano e medio de preparación constante partindo dun inicio que é o de non ter experiencia en escalada tanto deportiva como de montaña. A saída está colocada no nivel cero.
O horizonte proposto está a man dos montañeiros que teñen desenvolvidas as capacidades básicas da escalada como é a progresión escalando sobre terreo de montaña, o manexo do aseguramento sobre reunión xa equipada, o descenso en rápel autónomo, a dosificación do esforzo e os movementos tácticos durante o percorrido. Capacidades que se desenvolverán durante o período de tempo do curso.
Antes de achegarnos ao Urriellu, programaranse saídas de test onde cadaquén poderá facer unha avaliación das capacidades persoais. Corrixir as debilidades e seguir mantendo as fortalezas.

Para máis información acerca de a quen vai destinado, onde se levará a cabo, duración do curso e prezos, poñédevos en contacto directamente co club a través do seguinte correo electrónico (info@celtas.gal) ou ben chamando ou pasando polo noso local.