Montañeiros Celtas constitúese en 1942 ao abeiro da Sección de Montaña do Real Club Celta de Vigo, que nace da fusión do Centro Excursionista de Galicia e a Peña Excursionista Viguesa.

En outubro de 1952, o Club independízase do R. C. Celta de Vigo coma o ‘Club Montañeros Celtas’ primeiro e xa un tempiño despois como ‘Club Montañeiros Celtas’.

O principal obxectivo da asociación é a difusión dos deportes de montaña en todas as súas modalidades, tanto sexa deportiva como cultural.

Dentro do Club contamos con varias seccións: Montaña, Sendeiros, Escalada, Esquí, Espeleoloxía, Bici de Montaña, Subacuáticas e Infantil.

E dende 2015, conta con una escola de escalada.

Actualmente o noso Club conta cunha base social moi alta: os máis de mil socios converten a Montañeiros Celtas no club máis grande de Galicia.