Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

29 de febreiro: 5ª Mostra de Cine de Montaña- MendiTour Vigo

29 febrero, 20:00 - 22:00

DATAS: 27, 28 e 29 de febreiro
HORAS: de 20h a 22h
LUGAR: Auditorio Concello de Vigo. Praza do Rei
PREZO: Entrada libre ata completar aforo
A 5ª Mostra do Cine de Montaña- Mendifilm, terá lugar en Vigo os vindeiros 27, 28 e 29 de febreiro.
Velaquí a programación para cada día:

XOVES 29 DE FEBREIRO

BODY OF A LINE (VO:EN/ Subt:ES)
Selección Oficial MendiFilm 2023
2023, EEUU, 10min
Director: Henna Taylor

Resumo: Neste documental animado, Madaleine Sorkin emprende unha viaxe íntima e creativa para escalar a vía máis difícil do mundo en roca por encima dos 4.000 metros: o Dunn-Westbay Direct (8b+/c) en Longs Peak (Neniisoteyou’ou), nas Montañas Rochosas, América do Norte. Capturada integramente na vida real, esta película presenta en modo caleidoscópico 7229 fotogramas de obras de arte, música e poesía orixinais.

THE GREAT WHITE WHALE (V.O. EN Subt: ES)
Gran Premio e Mellor Director. Mendifilm 2023
2021, Australia 104min
Director: Michael Dillon

Resumo: Nas profundidades do Océano Austral, a medio camiño entre Australia e África, un volcán nevado que supera os 2700 metros de altura, elévase desde o mar coma se fose unha gran balea branca. A furia desa gran montaña fixo claudicar ao primeiro equipo que tentou escalala. Con todo, reincidiron, navegando a través dos peores mares do mundo para tentalo de novo, esta vez guiados polo lendario patrón Bill Tilman. Esta é a extraordinaria historia de ambas as expedicións, contada por quen as viviu, un dos cales tamén canta a historia, como corresponde a esta épica aventura.

 

Detalles

Fecha:
29 febrero
Hora:
20:00 - 22:00
Categoría del Evento:

Local

Auditorio Municipal do Concello de Vigo, Praza do Rei, Vigo