- Este evento ha pasado.
6 de marzo: Sendeiro en Terras de Arcos de Valdevez
06/03/2022, 08:00 - 19:00
16€ – 23€DATA: 6 de marzo
HORA SAÍDA: 8h do Club con parada en Concheiro
DISTANCIA: 17 Km, lineal, dificultade media
Seguimos polo Gerês, nesta ocasión imos a terras de Arcos de Valdevez. Será unha xornada para gozar de magníficas vistas das montañas e vales do Gerês e Xurés, se o día o permite teremos ocasión de adivinar cumes e pobos… Iniciaremos a xornada en Adrao, caminaremos seguindo o GR50 durante uns 7 km para logo emprender o ascenso aos prados altos de montaña e facer cume no Guidao 1216 mts. (é opcional). O descenso cara a Porta do Mecio será por una calzada de pedra onde poderemos gozar dos bosques y brandas típicas do Gerês.
PREZOS:
Soci@s: 16€
Non soci@s: 23€
Inscrición: Sendeiro en Terras de Arcos de Valdevez