- Este evento ha pasado.
27 de febreiro: Bici de Montaña: Na procura do Mosteiro de Ermelo
27/02/2022, 10:00 - 15:00
Gratuito – 5€DATA: 27 de febreiro
LUGAR: Ermelo (Bueu). A saída farase desde as inmediacións de casa María.
HORA: 10:00
DIFICULTADE: media
Aínda que non o pareza, esta saída tamén ten como motivo os mosteiros. Neste caso o mosteiro escondido de Ermelo, do que queda a Igrexa e pouco máis.
Realizaremos un percorrido polos montes do Morrazo, tendo como punto de partida e chegada Ermelo, e empregando as numerosas pistas forestais que hai na zona e algunha que outra estrada secundaria.
A distancia a percorrer estará en torno aos 30 km e os desniveis non son moi altos, polo que o percorrido pode ser considerado de categoría media.
Ao final do percorrido, en torno ás 15:00, temos reservado para comer en casa María, polo que é necesario que os que queirades quedar a comer o digades ao realizar a inscrición nesta actividade.
Inscrición: Na procura do Mosteiro de Ermelo