Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

10 de marzo: Bici de montaña en Redondela

10 marzo, 09:30 - 13:30

DATA: 10/03/2024
HORA: 9.30
LUGAR: Redondela, aparcamento da alameda

Desta vez propoñemos un percorrido polos montes de Redondela: A Peneda, Monzón, O Pedroso.

Saímos da explanada do aparcamento a carón da Alameda de Redondela, desde alí imos en dirección ao porto de Cesantes, para coller un tramo do paseo do Pexegueiro e dirixirnos ao Viso, desde onde iniciaremos a ascención ao monte da Peneda, para gozar das marabillosas vistas á enseada de San Simón.

Desde alí dirixirémonos ao Monte Mozón (474 m) que é unha das máximas alturas dos montes que rodean a Redondela, conectando despois co Pedroso. Desde aquí baixaremos a Amoedo, para comezar o retorno a Redondela.

O percorrido vai combinando pistas de terra con estradas asfaltadas, pasando por varias poboacións, cunha duración estimada de 4 horas,  podendo considerarse como de nivel medio de dificultade.

Inscrición: Bici de Montaña en Redondela

 

Detalles

Fecha:
10 marzo
Hora:
09:30 - 13:30
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Bici de Montaña