- Este evento ha pasado.
19 de maio: Pequemarcha en Salvaterra do Miño
19 mayo, 10:30 - 18:00
Gratuito – 3€DATA: 19 de maio
HORA: 10h30
LUGAR: Parque da Canuda https://maps.app.goo.gl/vN2poUWrYfoh98Kw9
**Actividade posposta do 5 de maio.
Logo da espectacular xornada no Morrazo, imos facer esta pequemarcha na beira do Miño. Será en Salvaterra do Miño.
Quedaremos ás 10,30h no parque da Canuda (Salvaterra). Inmenso parque con moitas posibilidades para o lecer.
Primeiro visitaremos o castelo de Dona Urraca-Salvaterra, coas espectaculares vistas ao Miño e Monçao. Logo voltaremos ao parque da Canuda para comezar a ruta polas beiras do Miño e Tea, ata a ponte de Fillaboa. Voltaremos ao lugar de saída, onde remataremos entre as 17 e 18h.
PREZOS:
Soci@s con licenza> 12 anos: 1€
Soci@s sen licenza> 12 anos: 2€
Soci@s < 12 anos: 0€ Non soci@s > 12 anos: 3 €,
Non soci@s entre 2 e 12 anos: 2€
Non soci@s < 2 anos: 0€
**As pequemarchas son actividades para menores que deben ir acompañados sempre dun ou varios adultos. Son ideais para familias que queiran desfrutar da montaña.