- Este evento ha pasado.
25-27 de outubro: Espeleoloxía en Mondoñedo e Abadín
25 octubre, 19:00 - 27 octubre, 16:00
Descripción da actividade:
Faremos unha saída con xente doutros clubes ás Covas de Mondoñedo e Abadín. Chegaremos a Mondoñedo o venres pola tarde en vehículos particulares e nos instalaremos. Cada un pode chegar á hora que necesite ou incluso o sábado pola mañá a primeira hora.
O venres poderemos facer uso do espeleódromo entre as 19 e as 22 horas mais ou menos. Un espeleódromo é unha instalación que nos permite facer as ténicas de TPV de espeleoloxía. Se por organización non fose posible, iríamos ás Covas de Supena (Arcos ou Lobos)
O sábado sairemos cara a Cova do Rei Cintolo para facer un roteiro sen corda por dentro da cova. Comeremos na entrada da pasarela da cova e poderemos entrar na Cova da Capela.
Pola tarde o grupo dividirase en dous, coa xente que fai TPV sen problemas, e os que non. É importante ser autónomo en TPV xa que os pozos de Cintolo son bastante complicados.
Para o resto do grupo que non saiba facer TPV verase unha actividade alternativa por libre, que poderá ser coñecer Mondoñedo, facer algun roteiro de senderismo, ou se temos guía poder facer algunha cavidade da zona (Arcos, Lobos ou Terraventure)
Pola noite teremos unha cea de confraternidade non obrigatoria.
O domingo pola mañá faremos un exercicio de topografía na cova de Santos ou Meiga. E se da tempo, usaremos o espeleódromo de novo. Comeremos en ruta, ou no pavillón de deportes, e voltaremos para casa
Cronograma:
Venres 25
Uso do espeleódromo no pavillón de Mondoñedo, práctica de TPV e de Autosocorro avanzado. Ou Covas de Supena se nos se pode usar o espeleódromo.
Sábado 26
10:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo e cova da Capela. Roteiro sen TPV, apto a partir de 8 anos
Comida de ataque na entrada da Cova, tipo bocata ou de picar.
15:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo só para TPV. Bucle de Pozos
Actividade alternativa para o resto do grupo que non fai TPV
21:30 Cea de confraternización no Valeco (20€)
Domingo 27
10:00 Saída cara a cova de Santos
12:30 Uso do Espeleódromo
Comida de ataque
16:00 Volta cara casa
Os participantes deberán ir polos seus medios.
A comida corre a cargo de cada participante.
Os menores irán acompañados dun adulto que se fará cargo deles.
**É OBRIGATORIO TER A LICENZA que permita a actividade e cada un levará o material de espeleoloxía que precise. (Pedilo con tempo no clube por se hai que facerlle solicitude á Federación se non chega o material)
Levar bastante auga para a actividade. Na entrada de Cintolo hai fonte.
Alternativas para durmir:
Refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía
http://www.espeleoloxia.org/web/es/refugios/
Abergue Lumen no centro de Mondoñedo
https://lumenhostels.com/albergue/ (18eur/noite)
Data límite de inscripción para solicitar os permisos de Rei Cintolo:
Xoves 17 de Outubro
Prazas disponibles: 12 participantes
Nivel Autónomo: IMPRESCINDIBLE COÑECER AS TÉCNICAS DE TPV E DESCENSO CON DESCENDEDORES AUTOBLOCANTES.
Material necesario: MATERIAL DE ESPELEO:
– Casco con lanterna frontal
– Lanterna de reposto para levar no pescozo
– Pilas de reposto para toda a fin de semana
– Funda ou roupa para manchar, e roupa térmica interior. Recomendable luvas.
– Botas de goma con sola de goma, non de plástico, ou botas de montaña que non esvaren
– Bolsas ou sacos de lixo para recoller a roupa sucia
– Roupa de muda ou reposto para deixar no coche despois das covas
– Equipación de TPV
Dende o clube levaremos o material de colectivo:
– Sacas e bidóns estancos
Custe da Cea de Confraternización 20€
Farase o sábado 26 ás 21:30 horas na Taberna o Valeco
Menú de:
– Entrantes (empanada, tabla de embutidos, calamares,…)
– Costilla con patacas
– Postres
– Bebida
Inscrición: Espeleo en Mondoñedo