Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

22 e 23 de xuño: Pequecampamento en Allariz

22 junio, 12:00 - 23 junio, 19:00

DATAS: 22 e 23 de xuño
HORA: 12h
PUNTO DE ENCONTRO: https://maps.app.goo.gl/QFu13HdTpyrr8Jz7A

Despedimos a primavera polas terras do Arnoia con aloxamento no camping de Allariz (Ourense). O sábado será intenso: quedaremos ás 12h en Santa Mariña de Augas Santas (Allariz), onde percorreremos sobre todo a Basílica da Asunción e Forno da Santa, o castro e vila romana da Cibdá de Armea e petróglifo de Armea. Traede frontal ou lanterna.

Logo pola tarde desprazarémonos ao camping de Allariz. Montaremos o campamento para pasar a noite coa colaboración de todos/as.

O domingo iremos desde o camping, polo río, á cidade de Allariz e arredor para ver como se fixeron reparacións e novas construccións de máis interese… pasaremos unha parte na praia…

Agardámosvos

PREZOS:
Socios:

  • Maiores 12 anos: 8 €
  • De 4 a 12 anos: 6€
  • Menores de 4 anos: 0€
  • Tenda de campaña: 7€ (hai que levala)
  • Autocaravana: 10,50€

Non socios:

  • Maiores 12 anos: 11 €
  • De 4 a 12 anos: 8€
  • Menores de 4 anos: 0€
  • Tenda de campaña: 7€ (hai que levala)
  • Autocaravana: 10,50€

No prezo non está incluído o coche

Hai posibilidade de cea (ensalada mixta, pasta boloñesa, postre e bebida): adultos 10 €; menores 8 €

Máximo de prazas: 60

Inscrición: Pequecampamento

Detalles

Comienza:
22 junio, 12:00
Finaliza:
23 junio, 19:00

Organizador

Sección Cultura e Medio Ambiente