Cargando Eventos

« Todos los Eventos

20-22 de novembro: Espeleo en Mondoñedo e Abadín

20 noviembre, 18:00 - 22 noviembre, 18:00

Espeleoloxía en Abadín e Mondoñedo

Datas: do venres 20 ao domingo 22 de Novembro

Descripción da actividade:
Faremos unha saída con xente doutros clubes ás Covas de Mondoñedo e Abadín. Chegaremos a Mondoñedo o venres pola tarde en vehículos particulares e nos instalaremos. Cada un pode chegar á hora que necesite ou incluso o sábado pola mañá a primeira hora.

O venres intentaremos facer uso do espeleódromo entre as 19 e as 22 horas mais ou menos. Un espeleódromo é unha instalación que nos permite facer as ténicas de TPV de espeleoloxía. Se por organización non fose posible, iríamos ás Covas de Supena (Arcos ou Lobos)

O sábado sairemos cara a Cova do Rei Cintolo para facer un roteiro sen corda por dentro da cova. Comeremos na entrada da pasarela da cova e poderemos entrar na Cova da Capela.

Pola tarde o grupo dividirase en dous, coa xente que fai TPV sen problemas, de maneira autónoma e sen supervisión, e os que non. É importante ser autónomo en TPV xa que os pozos de Cintolo son bastante complicados.

Para o resto do grupo que non sepa facer TPV verase unha actividade alternativa por libre, que poderá ser coñecer Mondoñedo, facer algun roteiro de senderismo, ou se temos guía poder facer algunha cavidade da zona (Arcos, Lobos ou Terraventure). Teredes que buscar algo tamén pola vosa conta, xa que os membros do GES somos necesarios dentro da cova.

Pola noite teremos unha cea de confraternidade non obrigatoria.

O domingo pola mañá faremos un exercicio de topografía na cova de Santos ou Meiga, e voltaremos para casa.

Cronograma:
Venres 20
Uso do espeleódromo no pabillón de Mondoñedo, práctica de TPV e de Autosocorro.
Ou Covas de Supena se nos se pode usar o espeleódromo.
Sábado 21
10:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo e cova da Capela. Roteiro sen TPV, apto a partir de 8 anos
Comida de ataque na entrada da Cova, tipo bocata ou de picar
15:00 Espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo só para TPV. Bucle de Pozos
Actividade alternativa para o resto do grupo que non fai TPV
21:30 Cea de confraternización no Valeco ou no Montero (20eur)
Domingo 22

10:00 Saída cara a cova de Santos
Comida de ataque
16:00 Volta cara casa

Os participantes deberán ir polos seus medios.
A comida corre a cargo de cada participante.
Os menores irán acompañados dun adulto que se fará cargo deles.
Débese ter a licenza que permita a actividade e cada un levará o material de espeleoloxía que precise. (Pedilo con tempo no clube por se hai que facerlle solicitude á Federación se non chega o material)
Levar bastante auga para a actividade. Na entrada de Cintolo hai fonte.


Alternativas para durmir:
Abergue Lumen no centro de Mondoñedo
https://lumenhostels.com/albergue/   (19eur/noite)

Data límite de inscripción para solicitar os permisos de Rei Cintolo:
Martes 10 Novembro
Prazas disponibles: 12 participantes

Nivel Autónomo: IMPRESCINDIBLE COÑECER AS TÉCNICAS DE TPV E DESCENSO CON DESCENDEDORES AUTOBLOCANTES.

Material necesario: MATERIAL DE ESPELEO:

– Casco con lanterna frontal
– Lanterna de reposto para levar no cuello.
– Pilas de reposto para todo o fin de semana
– Funda ou roupa para manchar, e roupa térmica interior. Recomendable lubas.
– Botas de goma con sola de goma, non de plástico, ou botas de montaña que non esbaren
– Bolsas ou sacos de basura para recoller a roupa sucia
– Roupa de muda ou reposto para deixar no coche despóis das covas
– Equipación de TPV

Dende o clube levaremos o material de colectivo:
– Sacas e bidóns estancos

Coste da Cea de Confraternización 20eur
Farase o sábado 21 ás 21:30 horas na Taberna o Valeco
Menú de:
– Entrantes (empanada, tabla de embutidos, calamares,…)
– Costilla con patacas
– Postres
– Bebida
(Pode haber opción vexetariana)

**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade

Inscrición: Esepelo en Mondoñedo e Abadín

Detalles

Comienza:
20 noviembre, 18:00
Finaliza:
22 noviembre, 18:00
Categoría del Evento: