Cargando Eventos

« Todos los Eventos

19 e 20 de setembro: Camiño dos Faros. Etapas 3 e 4

19 septiembre, 07:00 - 20 septiembre, 20:30

DATAS: 19 e 20 de setembro
HORA DE SAÍDA: 7h dende Concheiro (Avda de Madrid)
HORA DE CHEGADA: 20h30 a Concheiro (Avda de Madrid)

Etapa 3: Ponteceso a Laxe  Saída de Ponteceso e xa nos penetramos na enseada da Insua, atravesamos os piñeirais de Neaño, praia de Urixeira, desde aquí parte a senda do Anllóns hábitat de varias especies de aves, pasaremos polos antigos estaleiros A Texeira ata O Lodeiro, atravesamos o bosque de Taboido para logo chegar ás praias de Rebordelo, San Pedro, Punta do Cabalo, último tramo pola costa ata o Coido de Frexufre para terminar na praia de Laxe.

Dificultade media . Desnivel+ 450 m – 465. 17 kms lineal

Etapa 4: Laxe – Arou Saída do porto de Laxe e continuamos ao faro roteiro dá Insua, desde aquí desfrutaremos de dúas curiosidades Furna da Espuma e praia dos Cristais, seguimos por unha senda que nos leva ao Penedo de Soesto, punta de Carasol, praia de Arnado para chegar ás lagoas de Traba, ao cabo da praia de Traba, collemos un bonito camiño con bonitas paisaxes en dirección a Camelle para chegar á cala de Sabadelle, antigo porto baleeiro e desde aquí camiñamos por varios camiños costeiros para terminar na praia de Arou.

Dificultade media Desnivel + 274 m – 272m 18 ,5kms lineal

PREZOS
Autobús soci@: 50€
Autobús non soci@: 70€

Aloxamento no Hotel Praia de Laxe. O prezo é por persoa e inclúe o almorzo. Para a cea tedes bastantes restaurantes e bares na zona.

Cuarto doble: 40€ persoa
Cuarto triple: 32€ persoa
Junior Suite triple: 40€ persoa
Junior Suite 2 persoas (cama de matrimonio + cama supletoria): 55€

**É obrigatorio ter licenza ou seguro que cubra a actividade.

Inscrición: Camiño dos Faros

Detalles

Comienza:
19 septiembre, 07:00
Finaliza:
20 septiembre, 20:30
Categoría del Evento: