Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

17-18 de xuño: Pequecampamento en Maceira

17/06/2023, 10:30 - 18/06/2023, 18:00

Gratuito – 12€
DATAS: 17 e 18 de xuño
HORA: 10:30h

Despedimos a primavera polas terras do Tea pernoctando no camping da praia fluvial de Maceira (Covelo). O sábado será intenso: iremos ata o foxo de lobo de Campo, en excelente estado; estamos organizando unha sorpresa para a tarde (a ver se vai) e haberá un tempiño para o baño no remate da tarde.

O domingo faremos a ruta dos Carranos, visitando o espectacular aserradeiro tradicional movido por auga do regato, coma un muíño.

PREZOS (inclúe acampada e visita aos Carranos):

Socios: adultos 9 €, menores: ata 3 anos de balde, menores de 3 a 12 anos: 7 €;

Non socios: adultos 12 €, menores de 12 anos: 10 €.

No prezo non está incluído o coche

Hai posibilidade de cea (12 euros) e desaiuno (4 euros)

Máximo de prazas: 60

**Esta actividade está destinada a familias (prioridade con crianzas de menos de 8 anos).

Inscrición:Pequecampamento

Detalles

Comienza:
17/06/2023, 10:30
Finaliza:
18/06/2023, 18:00
Precio:
Gratuito – 12€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Cultura e Actividades Sociais