Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

1-10 de agosto: Val de Ayas- Aosta

01/08/2023, 08:40 - 10/08/2023, 21:30

DATAS: do 1 ao 10 de agosto

Este verán iremos ao Val de Ayas – Aosta,  dominado polo macizo do Monte Rosa e polos seus altos cumios.  A paisaxe é moi variada, con glaciares e paredes arduas e rochosas que flanquean prados e pastos.

Este val ofrece innumerables itinerarios de senderismo ata lagos coma o marabilloso Lago Blu de Verra e varios pasos alpinos

PREZO: 1115€

INCLÚE:
BILLETE DE AVIÓN:
ALOXAMENTO EN MEDIA PENSIÓN (Almorzo e cea): Hotel Monte Cervino
TRASLADO EN AUTOBÚS (Aeroporto Turín- Hotel ida e volta)
NON INCLÚE:
Comidas de mediodía
Remontes, telecabinas, funiculares, etc.
ACTIVIDADES:
Día 2: Saint Jacques- Lago Blu.
Distancia 15 km, Desnivel positivo 986 m, Dificultade técnica Moderado, Desnivel negativo 986 m, Altitude máxima 2.523m. Tempo 5h.
Día 3: Pico Castor (4221m) desde Bettaforca.
Distancia 15 km, Desnivel positivo 1.610m, Dificultade técnica Moderado, Desnivel negativo 1.610m, Tempo 5 h
Sendeiros: ida ata o Refuxio Quintino Sela e volta polo mesmo camiño da ida. Regreso desde o Pico Castor: Distancia 14km, Desnivel positivo 110m, Dificultade técnica Moderado, Desnivel negativo 2.508m, Tempo 6 h
Día 4: Anel do Vallone delle Cime Bianche (3.918m) e Gran Sometta (3.166m).
Distancia 23 km, Desnivel positivo 1.646m, Dificultade técnica Moderado, Desnivel negativo 1.682m, Tempo 8 h.
Sendeiros: Volver polo sendeiro de ida sen facer o Gran Sometta. Tempo 4 h.
Día 5: Monte Croce (2.894m)
Distancia 15,7 km, Desnivel positivo 1.289m, Desnivel negativo 1.289m, Altitude máxima 2.894.  Dificultade  Moderada, Tempo  8 h
Sendeiros: Alpe Tournalin Superiore
Día 6: Testa Grigia (3.314m)
Distancia 15 km, Tempo 10h
Sendeiros: polo mesmo camiño ata a aldea de Cuneaz (2.069m). Tempo 4h
Día 7: Becca di Nana (Falconetta 3.009m) desde Mandrou (Mandriou)
Día 8: Grand Tournalin (3.379m), Petit Tournalin (3.207m) dende o Refuxio Grand Tournalin (2.775m) vía Colle di Nana.
Total ida e volta desde Frachey: 11h.
Sendeiros: Refuxio Grand Tournalin. Tempo 5h.

** Para reservar a praza é necesario aboar a cantidade de 170€ xa que tivemos que adiantar unha parte dos billetes e do hotel.

**Ata xuño se alguén ten un impedimento pode cancelar a súa praza e recuperar o importe.

**É necesario ter a licenza C da FGM ou equivalente en vigor.

Inscrición: Val d’Ayas- Aosta

Descriptivo actividades

Detalles

Comienza:
01/08/2023, 08:40
Finaliza:
10/08/2023, 21:30
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Montaña