Bo día,

Varias familias de Vieiros (O Courel) crearon un proxecto para incorporar gando que limpe o monte, evitar incendios e fixar a poboación, polo que necesitan axuda económica para acadar a financiación necesaria.

O Club Montañeiros Celtas está moi ligado ao Courel polo que queremos compartir con vós a súa petición e así entre todos poder axudarlles a acadar o seu obxetivo.

Tedes toda a información na seguinte ligazón:

https://www.verkami.com/projects/34005-vieiros-la-pequena-aldea-de-o-courel-que-quiere-revivir

Compartimos o artigo que publicou a Voz de Galicia sobre esta petición: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/galicia/2022/10/07/crowdfunding-revivir-aldea-courel-estuvo-seis-anos-abandonada/00031665166494714333158.htm

Categorías: Novas