
Licenzas FGM/ FEDME 2026
1 enero, 00:00 - 31 enero, 23:30
Podedes tramitar as vosas licenzas federativas 2026.
Podedes consultar prezos e condicións nos documentos adxuntos.
Estar federado/a dáche dereito a:
- Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME).
- Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM).
- Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional.
- Gozar aos federados FEDME de descontos de pernota en todos os refuxios españois a partir do 01-01-2026, segun o convenio de reprocidad de refuxios de montaña. Accede a Refuxios FEDME.
- Os federados FEDME estarán tamén incluídos desde 01-01-2026 no Convenio internacional de reciprocidade no uso dos refuxios de montaña.
- Ter dereito todos os federados galegos as promocións de descontos federados.
- Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
- Comunicacións periódicas.
- Calendario de actividades.
- Participar en actividades divulgativas.
- Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.
- Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME.
Datos importantes
- Licenzas válidas por ano natural. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.
- Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.
- Licenza de Inclusión Social(B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.
DIFERENZAS IMPORTANTES ENTRE A LICENZA FEDME E FGM
- O desconto familiar SÓ se aplica ás licenzas FEDME
- As licenzas de inclusión social SÓ se tramitan coa FEDME
- Os descontos de pernota en refuxios españois e europeos SÓ se aplican ás licenzas FEDME
- Os suplementos de modalidades deportivas (BTT, esquí alpino, esquí de fondo nórdico, snowboard) SÓ se tramitan coas licenzas FEDME
- Para as competicións FEDME É OBRIGATORIO ter a licenza FEDME.
PREZOS

