Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Licenzas Federación Galega Montañismo (FGM) 2025

1 enero, 08:00 - 31 diciembre, 17:00

Podedes tramitar as vosas licenzas federativas 2025
Estar federado/a dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Convenio coa Red Española de Albergues Juveniles (REAJ) no que se incluirá automaticamente o «Carné de Alberguista» coa Licenza 2025
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos
  • Comunicacións periódicas
  • Calendario de actividades
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada, carreiras por montaña e marcha nórdica.
  • Todas as vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME

Datos importantes
Licenzas válidas por ano natural. Todas as licenzas caducan o 31 de decembro.

Non poderán tramitarse licenzas daqueles que omitan consignar todos os seus datos ou o fagan de forma incorrecta.

Licenza de Inclusión Social
(B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%.

Licenza FEDME
Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.

A licenza FEDME poderá visualizarse mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o/a usuario/a deberá rexistrarse. Como usuario/a rexistrado/a, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Sendeiros, Tenda, Club FEDME, suxestións, etcétera).
A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.

Inscrición: Licenzas FGM 2025

Prezos e descriptivo: Licenza 2025

 

Detalles

Comienza:
1 enero, 08:00
Finaliza:
31 diciembre, 17:00