Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Licenzas Federación Galega Montañismo 2023

23/12/2022, 08:00 - 31/12/2023, 17:00

Podedes tramitar a vosa licenza da Federación Galega e Española de Montañismo.

Lembrade! Estar Federadado dáche dereito a:

  • Participar con preferencia nas actividades federativas (FGM/FEDME)
  • Participar nos cursos da Escola Galega de Alta Montaña (EGAM)
  • Axudas económicas nalgunhas actividades federativas de ámbito galego, estatal e internacional
  • Usar os refuxios galegos e os que teñan convenio
  • Prezos moi reducidos nos refuxios galegos.
  • Participar en actividades divulgativas
  • Competicións oficiais de escalada e carreiras por montaña
  • Tódalas vantaxes de pertencer á Federación Española FEDME:   https://fedme.es/licencia-fedme/

**Por primeira vez haberá unha Licenza de Inclusión Social: (B IS), coas mesmas coberturas que a licenza B de ámbito nacional. Para poder tramitar esta licenza hai que achegar unha copia do certificado de discapacidade igual ou superior do 33%

En canto a licencia FEDME:

  • Atendendo ao “Plan Estratéxico da FEDME” 2021-2024 (ORG_3.2) e sendo coherentes co plan de dixitalización do máximo posible das xestións da FEDME, as licenzas nacionais van a subministrarse única e exclusivamente mediante FORMATO DIXITAL.
  • Tamén poderá obterse e tela actualizada mediante a App “PASO A PASO”, para dispositivos Android e iOS, no apartado “Licenza”, para o que o usuario deberá rexistrarse. Como usuario rexistrado, poderá gozar do resto de funcións e utilidades da aplicación (Inscricións, Noticias, Carreiros, Tenda, Club FEDME, suxerencias, etcétera).
  • A licenza visualizarase unha vez os datos sexan recibidos na FEDME.
  • Na pasada asemblea tomouse o acordo de eliminar as licenzas en plástico de forma gratuíta por sostibilidade medio ambiental.

En canto a licencia autonómica:

  • Polo de agora ata que non se poda descargar a licenza autonómica a través da aplicación Paso a Paso, seguiranse imprimindo as licenzas en formato PVC. En canto sexa posible a descarga da licenza autonómica nesta aplicación, comunicaráselle a todos os clubs este feito, e deixarase de imprimir as licenzas en formati PVC, a non ser que se solicite e se realice o pago de 3 euros por licenza federativa.

Inscrición: Licenzas FGM 2023

Detalles

Comienza:
23/12/2022, 08:00
Finaliza:
31 diciembre, 17:00

Organizador

Federación Galega Montañismo