
Escolas Escalada 8-12 anos
03/10/2023, 17:00 - 28/05/2024, 19:00
20€ESCOLA DE ESCALADA CLUB MONTAÑEIROS CELTAS
PRAZAS ABERTAS PARA O CURSO 2023-2024
NENOS 8 A 12 ANOS
LUGAR: Rocódromo en pavillón de Quirós “Valentín Bernárdez” en Sardoma.
DESTINATARIOS: Nenos que queiran escalar entre 8 e 12 anos.
DATAS DE TEMPADA DO CURSO: Comeza 3 de outubro 2023 data termo do curso 28 de Maio 2024
PREZO: Importe mensual: 20 Euros.
DIA E HORARIO: Todos os martes de tarde de 5 a 7 (2 horas) excepto festivos e festas de Nadal e Semana Santa.
NUMERO DE PRAZAS: 16 Prazas en dous grupos de 8 segundo niveis.
OBXETIVOS:
Etapa inicial:
Coñecer as modalidades de escalada, mediante xogos, consolidar os valores da escalada, como o esforzo e a autoestima, xestión de emocións, respectar normas, traballar en equipo, evolucionar física e emocionalmente.
Etapa avanzada:
Mellorando a súa mestría deportiva, incrementado a carga do adestramento, pero sen chegar á máxima intensidade, xa que non completaron o seu desenvolvemento, personalizando o adestramento, por exemplo:
Variabilidade frecuente para que non se aburran, Adaptar a contorna e instalacións ás súas medidas, e que resulten seguras. Evitar presas lesivas e movementos ou exercicios dinámicos. Traballar a técnica por encima de todo. Non repetir demasiadas veces seguidas un mesmo movemento.
OBRIGAS:
Ser socio/a de o club e ter a licenza que cobra escalada en Vigor.
MATERIAL:
O club poñerá ao dispor dos nenos cascos e arneses de escalada, cordas etc, os nenos terán que levar somentes os pés de gato.
Inscrición: Escola escalada