Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Campus Infantil-Xuvenil de Montañismo. Plan Corresponsables

1 septiembre, 09:30 - 5 septiembre, 17:30

Gratuito

DATAS: 1, 2 e 5 de setembro

HORARIO: 9h-17h30

O Club oferta un campus de montañismo grazas ao Plan Corresponsables.

O Plan Corresponsables, avalado pola Federación Galega de Montañismo, ten coma obxetivo promover programas e accións que incidan directamente na promoción da igualdade entre mulleres e homes fomentando a corrresponsabilidade e favorecendo a conciliación das familias con rapazas, rapaces menores de 16 anos inclusive.

O desenvolvemento do Campus será o seguinte:

DÍA 1 DE SETEMBRO: ESCALADA NO GALIÑEIRO
Hora de comezo: 09h30
Hora de fin: 17h30
O punto de encontro será o local do Club Montañeiros Celtas.
Un autobús desprazará as rapazas e rapaces ao Monte Galiñeiro para realizar un curso de iniciación á escalada.
DÍA 2 DE SETEMBRO: DEPORTES NAÚTICOS
Hora de comezo: 09h30 no Club
Hora de fin: ás 17h30 no Porto de Vigo ou 18h no Club
Desprazaremonos en barco ata Moaña para realizar actividades naúticas (kaiak e paddle surf).
Para esta actividade é necesario levar traxe de baño e toalla.
DÍA 5 DE SETEMBRO: SENDEIRISMO E ORIENTACIÓN
Hora de comezo: 09h30 no Club
Hora de fin: ás 18h no Club
Un autobús levará ás rapazas e rapaces ao Parque Natural do Monte Aloia para realizar actividades de sendeirismo e orientación.
Para todas as actividades é necesario levar roupa e calzado cómodo, gorra, auga e comida para todo o día.
**Estas actividades poden sufrir modificacións debido ás condicións metereolóxicas.
**Estas actividades non teñen custe xa que están incluidas no Plan Corresponsables.
Son prazas limitadas e teñen prioridade as rapazas/rapaces con proxenitores desempregados e/ou familias monoparentais.
Inscrición:Campus Montañismo

Detalles

Comienza:
1 septiembre, 09:30
Finaliza:
5 septiembre, 17:30
Precio:
Gratuito
Etiquetas del Evento:
, ,