Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

8 de xullo: Sección Infantil-Xuvenil. Bautismo de barranquismo

8 julio, 16:00 - 20:00

DATA:8  de xullo (DATA MODIFICADA)
HORA: a determinar (pola tarde)
LUGAR: Tourón (Melón) https://maps.app.goo.gl/b9ZGGdDzuCAv7Jh4A
(Desprazamento a cargo dos participantes)

Faremos un bautismo de barranquismo cos nosos compañeiros de All4Summits. É unha primeira toma de contacto co barranquismo. Un percorrido sinxelo, divertido e moi acuático, onde todo é opcional e o obxectivo é desfrutar da contorna con total seguridade. Ideal para compartir unha experiencia diferente na natureza.

Neste río hai saltos, tobogáns, sifones… adaptados a todos os niveis. Non temos progresión por corda.

Requisitos:
Idade mínima a partir dos 8 anos.
Ser capaz de camiñar por terreo irregular e poder andar varias horas a ritmo tranquilo.
Non ter medo á auga nin á altura
Saber nadar

Material necesario:
Roupa de baño (para levar debaixo do neopreno)
Calzado de montaña que se poida mollar
Zapatillas de montaña ou trekking e que protexan o pé e o nocello
Con boa sola antiescorregadiza
Que se poidan mollar
Non traer calzado tipo escarpíns, zapatillas lisas ou sandalias.
Roupa seca para cambiarte despois, tamén calzado de repostoo
Calcetíns de recambio
Toalla

Prezo soci@s: 30€ inclúe o seguinte:
Guía de Barrancos AEGM
Seguro de responsabilidade civil e accidentes
Material e equipo de seguridade individual e colectivo necesario (cordas, arnés, casco, neopreno,etc)
Instalacións con duchas e baños para cambiarse
Reportaxe fotográfica

**Esta actividade está destinada a socias e socios entre 8 e 16 anos. Se algún adulto socio/a quere participar na actividade acompañando ao menor é posible coas mesmas condicións.

Inscrición: Bautismo de barranquismo

Detalles

Fecha:
8 julio
Hora:
16:00 - 20:00
Categorías del Evento:
,