Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

8-9 de xuño: Bici de montaña Serra da Capelada e Costa Ártabra

8 junio, 10:00 - 9 junio, 16:00

45€

DATAS: 8-9 DE XUÑO
LUGAR: Valdoviño

https://maps.app.goo.gl/XwC8mqw6qC8cDuPRA

Sábado 8 de xuño- Serra da Capelada

Hora de saída 10:00

Realizaremos unha actividade de bici de montaña pola Serra da Capelada. Saíndo da Ponte de Mera subiremos ata os cumios da Serra da Capelada, para desfrutar das fermosas vistas da costa Ártabra. Pasando pola Garita de Herbeira e contemplando os poderosos cantís, baixaremos ata o Cabo Ortegal, para iniciar o retorno a Ponte Mera.

Distancia: +/- 40 km
Desnivel: +/- 1200 m
Nivel de dificultade: medio-alto

Domingo 9 de xuño-Costa Ártabra

Hora de saída 10:00

Este día saíremos desde Valdoviño, para realizar un percorrido pola costa Ártabra. Seguindo a liña de costa, dirixirémonos cara a ría de Cedeira, pasando por varias praias, como a praia de Pantín. Ao chegar á enseada do esteiro, enfilaremos o monte da Gatosa, que bordearemos para chegar ao encoro de das Forcadas. Desde aquí iniciaremos retorno a Valdoviño, para rematar o roteiro na lagoa da Frouxeira.

Distancia: +/- 30 km
Desnivel acumulado: 500-600 m
Nivel de dificultade: medio-baixo

ALOXAMENTO NOITE DO VENRES E SÁBADO:

Para a realización desta actividade temos reservada unha casa en Valdoviño. A casa conta con habitacións, cociña, salóns e xardín. Prezo da casa para a noite do 7 e 8 de xuño 900 €, a repartir entre todos os participantes.

A casa inclúe roupa de cama e utensilios para cociñar.

**Se cubrimos as 20 prazas, o coste sería de 45 €/persoa. Se somos menos habería que axustar o prezo.

Para os almorzos cada un ten que levar as súas cousas.

Para a cea do sábado e a comida do domingo encargaremos comida para comer na casa.

Inscrición: Serra da Capelada e Costa Ártabra

Detalles

Comienza:
8 junio, 10:00
Finaliza:
9 junio, 16:00
Precio:
45€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Bici de Montaña