Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

7 e 8 de decembro: Espeleonadal no Parque Natural de Enciña da Lastra

07/12/2025, 13:00 - 08/12/2025, 17:00

DATAS: 7 e 8 de decembro
LUGAR: Covas (Ourense)
Adiantámonos ao nadal con esta saída de espeleoloxía de descubrimento e convivencia na comarca de Valdeorras.

Por motivos laborais, non podemos poñer outras datas, polo que a actividade oficial do clube comeza o sábado 7 no refuxio da Federación Galega de Espeleoloxía ás 13:00 horas.

Despois de instalarnos e xantar algo rápido, comezaremos a aproximación á Pala de Zorra e Pala Pumbeira.

O luns 8 pola mañá, día festivo, internaremonos na cova de Cortiñas, para despóis voltar cara Vigo despóis de xantar.

Ubicación: Refuxio Federación Galega de Espeleoloxía en Covas.
42.47584459543803, -6.831418775159631 de googlemaps

Según o nivel da xente que vaia, pode que fagamos cavidades con TPV o luns 8 pola mañá
(K1 – Cubelas, Cornatel, Sima de Cornatel). Para iso será IMPRESCINDIBLE ser autónomo e con experiencia en TPV.

Tamén hai posibilidade de practicar TPV a carón do refuxio. Cada participante debe levar o seu material.

Prazas disponibles: 8-12 participantes.

Material necesario: MATERIAL DE ESPELEO E PROGRESIÓN:

– Casco con lanterna
– Arnés de cintura
– Arnes de peito
– Cabos de ancoraxe
– Croll
– Puño e pedal
– Descendedor tipo STOP
– Roupa adecuada e recomendabel luvas

Recomendamos roupa de abrigo para as esperas e por se chove.

É preciso ter a Licenza adecuada que permita a actividade.

Data de inscripción para solicitar os permisos Red Natura hata o venres 28/11/2025

Especificar se se vai durmir no refuxio da FGE ou non.

Inscrición: Espeleonadal

Detalles

Comienza:
07/12/2025, 13:00
Finaliza:
08/12/2025, 17:00
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Espeleoloxía