
- Este evento ha pasado.
7 de febreiro: Cea anual 2026
7 febrero, 21:00 - 8 febrero, 21:00
DATA: 7 de febreiro
HORA: 21h
LUGAR: Hotel NH Collection Vigo (Avda García Barbón, 17)
O 7 de febreiro celebraremos a nosa cea anual na que homenaxearemos os nosos socios que levan 50 e 25 anos compartindo momentos e aventuras con todos nós.
Podedes consultar o listado no documento adxunto.
Cando vos inscribades tedes que seleccionar o menú e se queredes peixe ou carne.
MENÚ 40€:
A CENTRO DE MESA
Xamón, empanada e croquetas
PLATO PRINICIPAL (a escoller)
Robaliza ao forno con tomate concasé e crema de pataca á galega
ou
Terrina de codillo ao corte con parmentier de pataca
POSTRE
Tarta de queixo
MENÚ VEXETARIANO 40€:
APERITIVO
Tomates semisecos con tapenade, gelée de tomate e cebola marinada
ENTRANTE
Espárragos verdes e nabo daikon asados con romesco
PRINCIPAL
Allo porro confeitado con parmentier de pataca trufado e queixo brie
POSTRE
Tarta de queixo
Pan, café, augas, cervexas, refrescos e viño incluídos
E para continuar o acontecemento, contaremos con baile e música para ben rematar a noite.
Último día para anotarse: 28 de xaneiro
Hotel NH Collection Vigo, Avda García Barbón 17 Vigo
**Cando seleccionedes o menú tamén tedes a mesa na que vos queredes sentar. Así que se queredes sentarvos con alguén en especial aconsellamos que seleccionedes o mesmo número de mesa.

Inscrición: Cea anual