
- Este evento ha pasado.
6 de abril: Pequemarcha Serra do Galiñeiro – Coto Mediodía
06/04/2025, 11:00 - 18:00
DATA: 6 de abril
HORA: 11h
LUGAR: Serra do Galiñeiro- Ermida da Virxe das Neves https://maps.app.goo.gl/Jz3BLd3NxEbCQ7Z79?g_st=atm
Voltamos as Pequemarchas con unha gran ferida no corazón de todas e todos, menores e maiores. Non vai ser doado porque non temos connosco ao mestre Emilio que paraba a marcha a cada pouco, xa para o bugallo e o seu verme, xa para unha broma, ou polo que fora, sempre era bo momento para deter a marcha e que nenas e nenos o rodearan para escoitarlle encandiladas.
Compartiremos día na Serra do Galiñeiro, pola zona leste, facendo un percorrido circular dende a ermida Virxe das Neves, observando o seu entorno de inicios castreños e ascendendo ao Coto Mediodía (654m), onde deixaremos o noso parte de cumio no “buzón”, realizando así unha pequena ruta montañeira.
PREZOS SOCI@S:
-Adultos con licenza: de balde
-Adultos sen licenza: 5€
-Nen@s con licenza: de balde
-Nen@s sen licenza: 5€
PREZOS NON SOCI@S:
-Adultos con licenza: 3€
-Adultos sen licenza: 8€
-Nen@s con licenza: 2€
-Nen@s sen licenza: 7€

Inscrición: Pequemarcha Serra Galiñeiro