6-8 de decembro: Montañas de Villablino
6 diciembre, 06:00 - 8 diciembre, 21:00
140€ – 165€DATAS: do 6 ao 8 de decembro
HORA DE SAÍDA: 6 de decembro ás 6h dende Concheiro. ** Levar a mochila de ataque preparada
HORA DE CHEGADA: 8 de decembro ás 21h a Concheiro
ACTIVIDADES
Venres 6: Villablino- Pico Cueto Nidio (1774 m) – Castro a Moa – Villablino 12 km, +/-800 m, 5h. Dificultade: fácil
Sinxelo roteiro, que transcorre entre bosques de faias e carballeiras, facendo cume no pico Cueto Nidio, deixando ver unha estampa de todo o val, baixando logo ao Castro da Moa.
Sábado 7: Trátase dun dos roteiros de montaña máis espectaculares que se poden realizar na comarca de Laciana, no cal teremos a ocasión de contemplar preciosa paisaxes de montaña e ascender a dous dos picos máis relevantes da rexión. Partindo da aldea de Rabanal de Arriba, séguese pola angosta gorxa do arroio da Brañina para ascender duramente ata A Brañina, unha das brañas máis bonitas de Laciana, totalmente abandonada con numerosas cabanas derruidas. Desde aquí, por un carreiro de montaña, se continúa a ascensión ata alcanzar o pico Miro de Rabón (1987 m.) con impresionantes vistas da comarca de Babia e dos montes de León. Se continua por liña de cumes, pasando pola Boqueta de Fuentefría, ata gañar unha colladina que conduce ao cume do Nevadín (2077 m.), un dos picos máis elevados de Laciana.
- Opción A (Montaña): Villablino – Miro de Rabón (1987 m) – Nevadín (2077 m) – Cáscaro Redondo (2011 m) – Os Bayos, 25 km, +1200 m, -800 m, 8 h. Dificultade alta. Desde o Nevadín séguese pola cordal NE ata o pico de Cáscaro Redondo polo que hai que pasar por un tramo escarpado rochoso que esixe coidado. A continuación, seguen o colado da Muezca, a corda de San Justo, a corda do Cordón para finalmente chegar aos Bayos. Sen dificultades técnicas, cualifícase como dura polo gran desnivel, con ascensión case continua ata os picos. Nos Bayos nos recollerá o autobús.
Se hai neve a dificultade aumenta e ademais de necesitar piolet e crampones pode ser necesario cambiar o roteiro.
- Opción B (Sendeiros): Villablino – Miro de Rabón (1987 m) – Nevadín (2077 m)- Villablino, 18 km, +/-1200 m, 8 h. Dificultade moderada. Non ten dificultade técnica pero ten unha forte baixada de bastante duración. Desde o Nevadín o descenso faise pola espectacular ladeira norte do Nevadín ata chegar á lagoa do Chagunón, situada nun illado e belo lugar, a majada da culebra e por último á bela e apracible braña de Cubacho, con cabanas restauradas, terminando o roteiro circular en Rabanal de Arriba.
Domingo 8: Roteiro circular: Villablino – Eslamiadas de Laciana – Castro a Zamora – Villablino, 12 km, +/-400 m, 4 h Paseo por Laciana, saíndo de Villablino polo Roteiro da Zamora, que se inicia con forte subida durante o primeiro quilómetro, pero que é a única dificultade da mesma. Saíndo de Villablino, tras unha subida inicial, a Eslamiadas de Laciana, pobo cunha arquitectura rural típica de lousa. É importante destacar que, xunto co castro A Zamora, ten unha lechería hidráulica á beira dun muíño de auga (que se pode visitar os mércores e domingos). Desde a lechería hidráulica se volve por carreiros ao Castro da Zamora. Á beira do Castro hai un miradoiro onde se pode apreciar todo o val e desde o que se pode volver xa para Villablino, por camiños e sendas, sen ningunha complicación.
PREZOS:
Autobús socix: 60€
Autobús non socix: 85€
Aloxamento: 80€ por persoa en media pensión. Aloxarémonos no Albergue Turístico Giner de los Ríos en cuartos con liteiras de 6 a 12 plazas. Non hai que levar saco pero sí toalla.
**É obrigatorio ter licenza que cubra a actividade.
***No momento da reserva é OBRIGATORIO PAGAR o prezo do albergue para confirmar a reserva. Estes cartos só serán reembonsables se alguén pode sustituír a praza, e se descontarán 3€ de gastos de devolución.
Inscrición: Montañas de Villablino