Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

6-13 de xaneiro: Semana Branca Interclubs Esquí Andorra

06/01/2024, 19:00 - 13/01/2024, 19:00

635€
DATAS: do 6 ao 13 de xaneiro
LUGAR: Andorra
Co ánimo de dinamizar a convivencia e a formación entre as socias e socios os Club AROMON, Montañeiros Celtas e  Peña Trevinca organizan unha viaxe de esquí alpino dunha semana de duración para formarse ou practicar este deporte.
OBXECTIVOS: O primeiro obxectivo é formarse e/ou practicar o esquí alpino (ou “esquí de pista”), e o segundo obxectivo é convivir entre os socios/as dos distintos Clubs.
A maiores dos obxectivos principais, como clubs de montaña que somos, queremos dar a coñecer nocións elementais de seguridade na montaña invernal, e especialmente do deporte do “esquí de travesía” (propio dos deportes de montaña), xa que este tipo de curso poden ser moi bos precursores.

PARTICIPANTES: Persoas maiores de idade (ou menores acompañadas), que cumpran
coas indicacións dadas nesta convocatoria, e coas instrucións dadas ao longo da viaxe en
prol da convivencia e seguridade.

PLAN DE VIAXE:
06/Xan (sábado) Comeza a viaxe en bus pola tarde-noite dende Pontevedra e Vigo.
07/Xan (domingo) Instalarse no hotel, recoller o material deportivo, e cear (é o primeiro servizo pagado de manutención).
08/Xan (luns) Ata o 11/Xan (xoves) almorzar, esquiar, cear e durmir no hotel.
12/Xan (venres) Almorzar, deixar as habitacións, esquiar, e ao remate da xornada deportiva, devolver o material alugado, e viaxe de regreso.
13/Xan (sábado) Pola mañá chegar a Vigo e Pontevedra.
PRAZO E SISTEMA DE INSCRICIÓN: Ata o 15 de Nadal (ou ate esgotar as prazas, o que pase antes).

As persoas interesadas terán que facer:
– Un primeiro pago para bloquear a praza de 300€ na conta de Viajes Sierra poñendo de referencia “Interclubs” e o nome e apelidos do viaxeiro/a (un ingreso por cada viaxeiro) en ABANCA IBAN ES69 2080 0341 1755 0063 9777.
-Unha vez pagado o primeiro prazo, cubrir o seguinte formulario en https://forms.gle/ts6hMWGJ353DVZYE9
-O seguinte pago (ata completar o total) farase antes do 01/Xan/2024.

Adxuntamos toda a información máis detallada, condicións, prezos… Documento Semana Branca

Inscrición: Semana Branca Andorra

Tedes que pagar na axencia e completar o formulario indicado en Sistema de Inscrición.

 

Detalles

Comienza:
06/01/2024, 19:00
Finaliza:
13/01/2024, 19:00
Precio:
635€
Categoría del Evento:

Organizador

Sección Esquí