- Este evento ha pasado.
6-10 de decembro: Mendifilm Bilbao/ GR-123 Volta a Biscaia
06/12/2023, 00:00 - 10/12/2023, 21:00
205€Aproveitando a ponte e a inauguración do MendiFilm Bilbao imos ata Biscaia para unha actividade de montaña e con remate cultural.
Realizaremos o GR 123 que da a volta a provincia de Biscaia e poderemos asisitir á Inauguración do MendiFilm e ás sesións do día 9.
ACTIVIDADES:
- Mércores 6: Llodio- Bilbao Roteiro dos Contrabandistas. O autobús déixanos en Llodio e nós imos andando ata Bilbao.
- Xoves 7: Volta a Biscaia GR123 Orozco-Ubide 32 km/9h/+1700m.
Longa e dura pero a mais interesante, atravesamos o parque do Gorbea. Moi entretida pola súa variedade paisaxística entre auténticos hayedos centenarios, coníferas exóticas, camiños de ferradura, coladoes e cimas próximas que impresionan polas súas afiadas paredes cársticas.
- Venres 8: Volta a Biscaia GR123 Lanzas Agudas-Balmaseda 23 km/7 h/+1200m.
Da paraxe rural ao baixo medievo de Balmaseda, esta etapa discorre polo cordal montañoso de Ordunte desde o que se divisan os vales de Carranza en Bizkaia e de Mena en Burgos. O histórico monte bocinero do “Kolitza” e a chegada á emblemática vila de Balmaseda enriquecen unha xornada de sendeirismo salpicada de patrimonio cultural do que destacamos, polo seu vínculo caminero, a vella ponte gótica sobre o Cadagua.
- Sábado 9: Volta a Biscaia GR123 Balmaseda-Gordexola 21 km/6h/+800m.
Partimos da Vila medieval de Balmaseda para camiñar perfilando a fronteira burgaleses pola serra de Trasmosomos cunha preciosa panorámica montañeira. Bosques mixtos e plantacións forestais crean un mosaico vexetal colorido. Descenso ao río Ayega e pola fresca ribeira ata alcanzar outro río, o Herrerías, que nos irá mostrando os particulares palacios e vilas indianas que tanto caracterizan o pobo de Gordexola.
- Domingo 10 : Regreso a Vigo
SESIÓNS DE CINE: tedes que seleccionar se queredes ir e que sesións xa que temos que reservalas. O prezo dependerá de cantos sexamos.
PREZOS:
- Autobús Socix: 125€
- Autobús Non socix: 175€
- Aloxamento no Hostel «All Iron» en Bilbao: 80€ **Está incluido o aloxamento e o almorzo. Hai que levar toalla.
- Entradas: a determinar
Inscrición: Mendifilm/GR123